DÍA 1
Sobre a una
da tarde chegamos a Fromista (Palencia), unha pequena localidade de Castela e
León onde se atopa unha das maiores atraccións da comunidade: a igrexia de San
Martín de Fromista. Se trata dun templo románico construido no século XI a
petición de dona Mayor de Castilla, que se atopa na ruta do Camiño de Santiago.
Tras admirar
a construción por dentro e por fora coa axuda dun guía, fomos cara a Igrexia de
Santa María del Castillo onde visualizamos o espectáculo de luz e son chamado Vestigia polo que destaca esta construcción. O guía introduciunos durante máis de media hora a unha exhibición
de estatuas con multimedia, cores, historias bíblicas,etc.,onde destaca a figura de San Telmo, patrón da xente do mar e sobriño do Obispo de Palencia que foi nomeado canónigo no século XIII.