DÍA 1


Máis tarde nos achegamos dando un paseo até o canal de Castilla, camiño
moi transitado pola xente que fai o Camiño de Santiago. O guía informounos acerca
da obra hidráulica achegada pola Ilustración e realizada entre os séculos
XVIII e XIX, nunha etapa onde era preciso aumentar a produción de trigo e
mellorar a comunicación.

Eu xa estiven en varias ocasión porque teño familia alí, polo que puiden
orientalos. Percorremos a ponte do concello, pasando polo teatro Arriaga e fomos
camiñando até a Gran Vía. Pola rúa algúns pararon a mercar nas tendas mentras o
resto tomábamos fotos e falabamos coas nosas familias. Xa entrada a noite,
decidimos cear non moi lonxe do hostal e acordamos en ir á famosa Praza Nova,
construida no século XVIII e lugar de encontro para os habitantes, ademáis de
estar chea de bares. Alí degustamos os famosos pintxos da zona e quedamos
encantados até que decidimos voltar ao hostal coa chegada da choiva. Os oito
fomos a habitación e algúns de nós decidimos ducharnos nese intre. Estivemos a
falar até a madrugada, cando decidimos descansar para o día seguinte.
DÍA 2



Comimos case todos no centro comercial Zubiarte e logo dimos un paseo polos arredores. Antes de marchar paramos na xeladería Amorato, famosa polos seus xeados italianos e de ahí, camiñamos polo centro da cidade ata chegar á Alhondiga tamén chamada Azkuna Zentroa. Esta era o antigo almacén de viño que ardeu a comezos do século XX e que foi reformada e inaugurada no 2010, como centro de ocio e cultura. No interior albérgase unha biblioteca, diversos restaurantes, unha piscina da que podemos ver o fondo e a súa principal característica: as columnas decoradas. Estas representan diversas sensación a través das formas e, por iso, cada un de nós decidimos por medio da fotografía cal era a que máis nos identificaba.
Tras o paseo marchamos en autobús cara Portugalete, unha provincia de Vizcaia ás aforas de Bilbao, que está entre media da ría de Bilbao e o río Ballonti. É unha zona moi bonita aínda que non puidemos disfrutala moito. Destaca a ponte de Vizcaia, inaugurado en 1893, creado por Alberto dePalacio y Elissague que seguiu un pouco a estrutura da Torre Eiffel. Averiguamos nese momento que a parte alta estaba aberta dende facía pouco e que íamos traspasala. Tras este percorrido voltamos ao autobús. Este parou no estadio de fútbol San Mamés, considerado dos mellores campos de todo o mundo pola recente reconstrución, e que tamén porque proporciona un fútbol baseado no emprego da cantera como xeito de conservación dos valores do propio deporte. O resto de nós decidimos parar no centro para achegarnos á zona de compras. Tras tempo mercando e vendo tendas, camiñamos pasando o Mercado de abastos até chegar a un supermercado onde collemos cousas para a comida do día seguinte.
Á volta preguntamos á xente se coñecía algún sitio para cear e recurrimos a unha pizzería chamada Pizza Vía, cuxas pizzas son famosas polas tremendas dimensións. Ceamos alí unhas 5 ou 6 persoas e voltamos camiñando ata o hostal. Finalmente marchamos
cada un para o seu lugar e tentamos durmir.
DÍA 3

A medida que tiñan contacto coa natureza, o guía explicounos como empregaron as pedras.
Outra das partes de visualizamos foron as pinturas rupestres feitas con diferentes cores a partir das pedras. Por último, observamos como o guía realizaba lume.

Para min foi das mellores partes da excursión xa que o guía sabía moitísimo e interactuou moito con nós, e averiguamos moitas cousas dos nosos antepasados.

Outro guía levouno a coñecer a Cartuja de Miraflores, un monasterio da Orde dos cartuxos, de estilo gótico, orixinado arredor de 1442 co rei Juan II de Castela, pasando polas mans de Isabel a Católica, filla do rei que foi sepultada no presbiterio do templo. Alí puidemos observar o interior do monasterio e coñecimos a vida que levan os monxes, como estos gardan voto de silencio durante toda a semana excepto unha hora o domingo, as reducidas comidas, os traballos dos “irmáns” e as obrigas dos “pais”, os estudos mínimos de 8 anos para entrar sabendo latín, grego, filosofía,etc. Pareceunos moi interesante aínda que non nos imaxinamos facendo esa vida.
Tras a visita, fomos ao centro de Burgos, e introducímonos da catedral. Esta é impresionante, un templo de culto católico, construido arredor do 1221, que foi na época e na actualidade, das catedrais máis representativas do mundo. O guía falounos de todo o exterior no que que destacan detalles góticos como a Porta Sacramental, a Porta dos Apóstolos, as altas bóvedas de crucería,etc., así como todos os enormes retablos bañados en ouro do interior, as esculturas e cuadros, o tímpano horizonal, os libros musicais, a tumba do Cid Campeador e da súa muller Ximena, os relieves, así como todo o arte con tres escultores fundamentais: Diego de Siloé, Gil de Siloé e Felipe Vigarny.
Máis tarde deixáronnos tempo libre e os meus amigos e máis eu aproveitamos para coñecer o casco da cidade, o camiño que segue o río Arlanzón, as prazas e estatuas, mentres tomábamos fotografías. Xa de noite, conseguimos atopar un restaurante de tapas para os 14 que íamos. O sitio foi recomendado por unha familia á que preguntamos na rúa e a verdade e que quedamos moi contentos e puidemos gozar dunha boa cea con alimentos típicos da zona. Sobre as once tomamos o autobús con outros compañeiros e os profesores, e nos diriximos ao hotel onde descansamos até o día seguinte.
DÍA 4
Saímos as once e nos achegamos até o Museo da Evolución Humana de Burgos, onde tivemos ata as doce para ver pola nosa conta unha pequena exposición astronómica e a libraría onde atopamos moitos libros relacionados cotema, e apuntamos o título de algúns para ter en conta na biblioteca do noso instituto. Repartímonos en dous grupos e realizamos unha visita guiada por todo o centro.
A visita encantounos e deunos pena ter que marchar de alí. Collimos de novo o autobús e paramos arredor das 14:00 para xantar e descansar ata a que foi a nosa derradeira parada. Fomos cunha visita guiada á vila romana da Olmeda, situada en Pedrosa de la Vega (Palencia), que se trata dunha antiga explotación agrícola dividida en tres tempos: o século I, a reedificación do século III e a destrución do VI. Percorrimos a vila e nos informamos de como era o lugar na época, dosrestos das salas dos baños en tres seccións: frigidarium, tepidarium e caldarium, os vestiarios e habitacións dos palacetes, as antigas vivendas, os mosaicos pavimentados no chan con diversos símbolos no que nos chamou a atención as esvásticas que vimos e que eran empregadas como adornos neses séculos, os restos das necrópolis,etc. Para rematar visualizamos un vídeo a modo de resumo e marchamos arredor das 17:30 ao autobús para voltar á Vigo sobre as 11 da noite.
A min, particularmente gustoume moito a excursión. A pesar de que xa estiven en zonas como Bilbao, puiden descubrir novas cosas que non decatara nas anteriores viaxes como por exemplo as novas exposicións do Museo Guggenheim. A miña parte favorita dos catro día foi as achegadas ao parque arqueolóxico de Atapuerca e ao Museo da Evolución Humana, xa que aprendimos moito sobre temas antropolóxicos e filosóficos e intrigoume ese mundo de tal xeito que andiven a investigar acerca da propia carreira universitaria. Para futuros estudantes e familias, recomendo esta viaxe (a pesar de ser un pouco curta), para coñecer novas terras e monumentos, así como para averiguar máis cousas sobre o noso patrimonio.
noraboa polo traballo
ResponderEliminarBen por Nadia!
ResponderEliminarSaúdos @s alumn@s de 1º Bach e @s profes!!!